Satoru Iwata dá máis datos sobre a incursión da Nintendo nos móbiles


O artigo Satoru Iwata dá máis datos sobre a incursión da Nintendo nos móbiles foi publicado orixinalmente en Memoria Pixelada en 23 de marzo de 2015.



Hai uns días anunciabamos que a Nintendo daría o salto aos móbiles da man de DeNA. Pois ben, nunha recente entrevista para a revista Time, Satoru Iwata, actual presidente da compañía, dá máis información acerca de como vai ser.

En Memoria Pixelada: «Nintendo dá o salto ao móbil e anuncia nova consola»


En primeiro lugar, Iwata aclara que «imos desenvolver software completamente novo que cadre perfectamente co estilo de xogo e os mecanismos de control dos dispositivos intelixentes». Ou sexa, xogos específicos para móbiles, e nada de portaxes de xogos nin de botóns incómodos na pantalla táctil. Sobre se os xogos serán de pagamento ou free-to-play, declarou que «ara cada título, imos debater con DeNA e decidir o método de pagamento máis apropiado. Deste modo, ambas son opcións posíbeis, e se para máis sae algún novo invento nintendeiro, pois aínda mellor».

No tocante ao desenvolvemento dos xogos, será Nintendo quen leve o maior peso, deixando a DeNA a parte máis técnica de conectividade e adaptación ao mercado móbil. Porén, o grande xenio Miyamoto non estará envolvido nun comezo, xa que «a súa prioridade é o desenvolvemento de títulos de WiiU que verán a luz neste ano». Satoru tamén deu máis pistas do que parece que será o sucesor do desaparecido Club Nintendo, ao dicir que «Estamos a planear o comezo dun novo servizo de membros, o cal poderá ser usado en varios dispositivos, tales como as consolas da Nintendo, dispositivos intelixentes e computadores. Dará comezo en outono deste mesmo ano e será desenvolvido xunto con DeNA.» E que pasará entón co Nintendo ID? Será substituído por este novo servizo, ou convivirán ambos como co antigo clube? Pois «para máis detalles agarden a próximos anuncios».

En Memoria Pixelada: «O Club Nintendo bota o fecho»


Por último, tamén tivo unhas palabras acerca da nova consola, de nome en clave NX: «O motivo por que anunciei "NX", que a propósito, non está directamente relacionada coa nosa alianza con DeNA, foi porque queria evitar enganos do tipo "Nintendo perdeu a paixón polas consolas propias", e porque quería que a xente entendese que a Nintendo vai continuar co seu negocio de sistemas de xogo con máis paixón e motivación do que nunca. Síntoo, mais como dixen na conferencia de prensa, non podemos facer máis anuncios acerca da "NX" até o ano que vén».

Mensagens populares deste blogue

Novo DLC gratuito para o galego

Com música de fundo de Linkin Park

Nom hai fronteiras