Problemas co WiFi en Ubuntu no Packard Bell Etna-GM
O artigo Problemas co WiFi en Ubuntu no Packard Bell Etna-GM foi publicado orixinalmente no blogue de informática do Burgo das Nacións en 29 de abril de 2013.
Se tes un computador portátil Packard Bell Etna-GM ou Packard Bell Etna-GL e quixeches instalar Ubuntu (ou outra distribución de Linux), probabelmente toparíaste con que o WiFi está desactivado e non se pode activar. Vaia, se dás ao botón físico do teclado de activar o WiFi verás como a luz de que o WiFi está activo se acende e se apaga inmediatamente.
Pois ben, despois de botar unhas cantas horiñas procurando pola Internet dei cun foro onde dan unha solución que funciona. En resumo, abre a terminal e mete os seguintes comandos:
E xa está, agora o teu WiFi debería estar activado e deberías poder conectarte á rede que queiras.sudo modprobe -r acer-wmisudo rfkill unblock allsudo sumodprobe -r acer-wmiecho "blacklist acer-wmi" >> /etc/modprobe.d/blacklist.confexit