Xa está dispoñíbel o Twitter en galego


O artigo Xa está dispoñíbel o Twitter en galego foi publicado orixinalmente no blogue de informática do Burgo das Nacións en 20 de febreiro de 2013.



Xa está activa a interface en galego do Twitter! Cómpre ter en conta que aínda está en fase beta e pode ter algúns erros, grallas ou fallos, que se irán solucionando a medida que se vaian localizando.

Esta tradución foi posíbel grazas ao traballo de todas as persoas que traduciron desinteresadamente a interface e, especialmente, á campaña que se fixo desde @tweet_en_galego. Moitas grazas!

Como pór o Twitter en galego?

  • Entra na túa conta de xeito normal.
  • Vai a Axustes (Settings).
  • Busca o apartado Lingua (Language).
  • No menú despregábel escolle a opción Galego (beta) (Galician-Galego (beta)).
  • Dálle abaixo de todo a Gardar cambios (Save changes).
  • Introduce o teu contrasinal e dálle a Gardar cambios (Save changes).
  • E pronto, xa tes a interface do Twitter en galego!

Mensagens populares deste blogue

Novo DLC gratuito para o galego

Jon Amil: “A AGAL tem que encontrar o seu papel também fora do campo cultural galego, tem que ser uma referência para a sociedade galega no seu conjunto”

Oceanhorn: Monster of Uncharted Seas, o Zelda de marca branca