[Lenda urbana] O cartucho maldito do "Zelda: Majora's Mask"
O artigo [Lenda urbana] O cartucho maldito do "Zelda: Majora's Mask" foi publicado orixinalmente en Memoria Pixelada en 10 de xuño de 2012.
[A historia que contamos a seguir non é real. É unha lenda urbana creada por Jadusable para comprobar cal sería a reacción da xente. Podes ver como o autor foi desenvolvendo a historia neste foro (en inglés), onde conta todo o que lle vai acontecendo despois de comprar o cartucho maldito. Nós soubemos da historia grazas a NintendoPlus, quen a compartiu orixinalmente no Google+].
O curioso caso aconteceu en 2010, máis precisamente entre os días 7 e 15 de setembro. Un xogador coñecido apenas como Jadusable narrou a súa historia por medio de notas que escribiu nun foro, falando sobre un cartucho do Majora's Mask enmeigado.
Jadusable conta que gañou unha Nintendo 64 dun amigo e saíu pola veciñanza en busca de cartuchos para a consola. Encontrou alguns á venda en bazares até que encontrou un señor de aparencia estraña cunha mesa chea de cousas á venda, que lle ofreceu de balde un cartucho sen rótulo. Só tiña escrito “Majora” con bolígrafo. O vello estraño dixo que o xogo pertencia a un rapaz que xa non moraba alí.
Cando chegou ao seu cuarto (Jadusable vivía nunha residencia de estudantes), probou o xogo e encontrou unha antiga partida gardada co nome “BEN”, que xa estaba perto da fin do xogo. Jadusable decidiu manter a partida como mostra de respecto ao último dono do cartucho e iniciou a súa propia aventura co nome de “Link”.
Tentou realizar o 4th Day Glitch, un glitch famoso que dá ao xogador 1 día extra na contaxe de tempo do xogo – normalmente ao final de 3 días a lúa choca coa Terra e é Game Over – porén, ao forzar o glitch, o personaxe foi transportado ao alto da Torre do Reloxo, onde ocorre a 1ª batalla contra Skull Kid, vilám do xogo, que se limitaba a flutuar e repetir o seu riso (que é ben macabro).
Pensando que era un defeito, Jadusable tentou devolver o cartucho ao señor que lla dera, mais marchara dunha hora para a outra. Preguntou ao veciño da casa do vello quen era Ben, e soubo que este era o nome dun rapaz que sofreu algún tipo de accidente no pasado.
Após iso, o xogo inexplicabelmente comezou a se comportar de forma estraña: Jadusable estaba xogando nunha partida chamada Link, mais o xogo reiniciaba nalgúns momentos. Ao tentar cargar a súa partida, aparecían novas partidas con títulos estraños como YOURTURN, DROWNED e MATT. As texturas e sons do xogo presentaban bugs bizarros e os NPCs chamábanlle ben Link, ben Ben.
A partir de aí, as cousas só foron a peor, o xogo comezou a se comunicar con Jadusable a través de mensaxes do propio xogo que aparecían en momentos estraños.
Link era constantemente transportado para diante do Skull Kid no alto da Torre do Reloxo, onde sen ningunha explicación flutuaba e logo enseguida morría envolto em chamas. Outra cousa bizarra acontecía sempre que Jadusable tentaba tocar a Ocarina do Tempo: o personaxe subitamente morría queimado sen explicación!
Logo, Jadusable comezou a ser perseguido pola macabra Estatua Link, a que aparece ao tocar a canción Elexía ao baleiro. A estatua aparecía en todo lugar por onde o xogador pasaba. O personaxe Vendedor de Máscaras Felices aparecía en flashes na pantalla ao son de gritos, xurdindo en lugares onde non debería e enviando mensaxes estrañas. Para empeoralo, a Canción de curación (que é ensinada polo propio Vendedor de Máscaras Felices) soaba ao revés o tempo todo, nunha versión de veras macabra.
A cousa empeorou de vez cando o xogo comezou a falar directamente con Jadusable, mencionando BEN e formando frases sen sentido. Aleatoriamente xurdían frases como “BEN is getting lonely…” (BEN está ficando solitario…”) e “You shouldn’t have done that.” (Non o deberías ter feito).
Jadusable conta nas súas notas que comezou a sentirse depresivo, encerrouse no seu cuarto e tiña medo de saír. BEN estaba a vixialo. Conta que o propio xogo revelou o que aconteceu con BEN: Estava morto… morreu afogado, dentro do propio Majora's Mask, se é que iso é posíbel!
Durante ese tempo, Jadusable tivo o sangue frío de gravar en vídeo todo o que acontecía no xogo, mais a partir do 4º vídeo pediu ao seu colega de cuarto subir os vídeos, pois el nunca mais se achegaría a aquel cartucho maldito!
Os cinco vídeos, chamados Day Four, BEN, DROWNED, Jadusable e The Truth (Free) son os vídeos que se encontran ao longo deste texto, e o último é este que está aí embaixo. Atréveste a velos?
E entón, que tal unha partidiña de The Legend of Zelda: Majora's Mask despois disto? Terás a sorte de encontrar o Ben por alá?
Finalmente a historia foi esclarecida: Todo fora un estudo conducido por Jadusable para ver cal sería a reacción das persoas diante dunha historia como esa. Obviamente todos os vídeos gravados son falsos e os efectos conseguíronse manipulando a ROM do xogo no computador, o que non impediu que moita xente cagase por ela do medo. Haivos xente ben crédula!
Lembrade sempre o sabio refraneiro galego: Do que che digan, nada, e do que vexas, a metade.