[E3] Conferencia de Nintendo no E3 2012


O artigo [E3] Conferencia de Nintendo no E3 2012 foi publicado orixinalmente en Memoria Pixelada en 5 de xuño de 2015.


Xogo ZombiU, adiviñades de que vai?
(Fonte: ultimocontinue.com)
Ben sei que todos vós vistes a conferencia de Nintendo desde a nosa web e que seguistes ferventemente os nosos tweets, mais mesmo así vouvos facer aquí un resumo do que foi a conferencia da Nintendo.

Sorpresas, novidades, dispositivos revolucionarios e unha mudanza no futuro dos videoxogos. Iso é, basicamente, o que non vimos nesta conferencia de Nintendo. Non vamos negar que a Wii U está ben e pode ser moi interesante, mais Nintendo non mostrou nada que non esperásemos dela. E máis aínda despois do Nintendo Direct, onde vimos xa todo o que esta nova consola tiña a mostrarnos.

Todo comezou co carismático Shigeru Miyamoto presentando un xogo co que se vía francamente ilusionado, o Pikmin 3. 4 líderes para manexar, o novo tipo de Pikmin, Rock Pikmin (Pikmin Rocha) e un sistema de xogo misturando WiiMote e WiiU GamePad.

A Wii U, como tal, pretende revolucionar o noso salón. Nintendo dixo que a consola era baseada en tres piares: Xogos, social e entretemento. No apartado xogos mostrou 23 novos xogos da Wii U, no apartado social temos o seu xa coñecido Miiverse (que significa Mii Universe) e no apartado entretemento temos Netflix, Youtube, Amazon... servizos de vídeo baixo demanda, vaia. Nada que non esperásemos dela, e realmente nada que non teñan en maior ou menos medida as súas actuais competidoras. Ah! E cada WiiU poderá soportar 2 WiiU GamePads simultaneamente, aínda que non mostraron ningún xogo onde se xogase deste xeito.

Lego City Undercover, xogo
policíaco que lembra ao GTA... mais
de Lego, claro. (Fonte: joystiq.com)
A conferencia centrouse totalmente na Wii U. Da 3DS falaron moi pouquiño porque o día 7 ás 4h00 hora galega (si, ás 4 da madrugada) farán o Nintendo 3DS Software Showcase, máis outra conferencia en liña. Esa conferencia, como moitos vídeos inéditos e entrevistas pódelas encontrar na súa web http://e3.nintendo.com/, como teimaron en repetir ao longo da conferencia.

A Wii U sairá polo Nadal en dúas cores, branca e negra. Para ese mesmo momento está anunciado o lanzamento de catro xogos: NintendoLand, Batman, ZombiU e WiiFit.

Despois da conferencia houbo outro vídeo pregravado de Iwata onde vimos máis exemplos de xogabilidade (a famosa xogabilidade asimétrica que tanto anunciaron, onde 4 compiten con WiiMotes contra un outro que xoga co WiiU GamePad). A maior atención déronlla ao NintendoLand, un tipo de parque de atraccións virtual que contén minixogos. Un xogo casual do tipo WiiSports que sacarán en pack coa consola no lanzamento. Tamén mostraron abundantemente o Batman: Arkham City Armored Edition, que a maior novidade e o control co Wii U GamePad (e non fai nada que non esperes del) e o WiiFit U, que é basicamente igual ao da Wii, WiiBalance incluída.

A 'happy family' xogando ao Nintendoland (Autor: James Martin/CNET)

Por último, o xogo que máis me chamou a atención por varios motivos: ZombiU. Nesta altura ninguén me vai negar que matar zombies presta, ou? Pois un xogo onde morres dunha trabada (nin barra de vida, nin corazóns, nin trapalladas) e que ten de lema Canto tempo podes sobrevivir? ten todos os ingredientes para triunfar. E aqueles que vistes o Nintendo Direct, si, é o xogo ao que xogaba o rapaz da figura de acción inespecífica.

E aquí acaba o resumo da conferencia. Esperamos poder ofrecervos o vídeo íntegro a través das nosas redes sociais (Twitter, Facebook, Google+ e Youtube) e habemos de falar máis polo miúdo de todas estas novidades conforme se vaian achegando as datas de lanzamento. Para colcluír, déixovos coa lista de xogos anunciados:

Xogos para Wii U:
  • Pikmin 3
  • New Super Mario Bros. U
  • Batman: Arkham City Armored Edition
  • Scribblenauts Unlimited
  • Darksiders II
  • Mass Effect 3
  • Tank! Tank! Tank!
  • Tekken Tag Tournament 2
  • Trine 2 Director's Cut
  • Ninja Gaiden 3: Razor's Edge
  • Aliens Colonial Marines
  • WiiFit U
  • Sing
  • Lego City Undercover
  • Justice Dance 4
  • ZombiU
  • Assasin's Creed
  • Rabbits
  • YourShape
  • Rayman Legends
  • Sport Connections
  • The Avengers
  • NintendoLand

Xogos para 3DS:
  • New Super Mario Bros. 2
  • Paper Mario: Sticker Star
  • Luigi's Mansion 2
  • Castlevania
  • Epic Mickey
  • Scribblenauts Unlimited
  • Kindom Hearts 3D

Mensagens populares deste blogue

Novo DLC gratuito para o galego

Com música de fundo de Linkin Park

Nom hai fronteiras